Por unha UVigo profesionalizada
na que o PTXAS tamén conte

BELÉN RUBIO

"O ideal é unha remuda xeracional anticipada, para que poidan convivir un tempo con xente experimentada os novos que empecen"

 

A Candidata de H2040 contará cunha xerencia dirixida por unha persoa externa a UVigo cunha traxectoria sólida en RPTs de gran tamaño.

23 preguntas para Belén Rubio

Pode adiantarnos algo sobre o equipo de goberno que vai proponer? 

Imos ter un equipo de goberno paritario, con experiencia e moi cohesionado. As vicerreitorías en canto a temática son semellantes as existentes ao longo destes 8 anos. A única diferenza ou novidade é a dunha vicerreitoría de transformación dixital, coa finalidade de mellorar os procedementos, na miña opinión moi necesaria.

 

Pode adiantarnos quen vai desempeñar a Xerencia e cal vai ser a súa estrutura? A intención é traer persoal de fóra para cubrir estes postos ou intentar captar persoal da propia universidade?

Apostamos por unha xerencia profesionalizada e con experiencia contrastada en procesos de reorganización complexos. Inicialmente exploramos opcións internas, pero finalmente optamos por unha persoa cunha traxectoria sólida en RPTs de gran dimensión e coñecemento profundo do sistema universitario. Complementarase con persoal da casa para garantir continuidade e axilidade. En calquera caso, ides coñecer á persoa da xerencia ao igual que ao resto do equipo de goberno antes da data das eleccións.

 

En canto aos cargos auxiliares (direccións de área, adxuntos, etc) ten previsto limitalas no seu mandato en canto a número? Respecto ás funcións que deben desempeñar, vai terminar coa asunción por parte destes postos de funcións que corresponden claramente ao PTXAS?

A experiencia destes anos amosa que hai procesos administrativos que deben estar mellor distribuídos. A nosa proposta é reforzar o apoio técnico e administrativo para que os cargos académicos poidan centrarse na planificación estratéxica e na captación de proxectos institucionais, como por exemplo, acabamos de facer coa solicitude do European Degree Label u coa de ATHENA, recentemente.

 

A CRUE recomenda para asegurar a eficiencia e a calidade na xestión universitaria, avanzar hacia unha ratio de 1 a 1 entre o PTXAS e o PDI. Na nosa universidade hay 789 PTXAS e 2401 PDIs. Que pensa disto?

Os datos deben ser consistentes e actualizados, e imos reforzar os mecanismos de información para que centros e servizos dispoñan sempre de cifras fiables. A ratio ideal é 1:1, pero a realidade do sistema universitario español sitúase entre 0,4 e 0,6, polo que estamos na media.

 

Ten pensado introducir control horario?

O control horario é unha obriga legal desde o Real Decreto-ley 8/2019, pero o noso modelo baséase na confianza, na flexibilidade e no traballo por obxectivos. Queremos un sistema que cumpra coa normativa sen dificultar a organización dos servizos.

 

O teletraballo. Vai ser unha prioridade? Que opina do actual programa piloto?

A Xerencia imprantou un plan piloto de traballo na área TIC, algo que fixeron moitas administracións por ser a Escala que mellor se adapta a esta modalidade. Dito plan está en avaliación e os primeiros indicios son positivos. O teletraballo é unha ferramenta clave para determinados perfís, especialmente nestes ámbitos TIC, e queremos consolidalo cun modelo baseado en obxectivos e benestar laboral. O 9 de xullo de 2025 a Xerencia presentou á Xunta de Persoal un documento de flexibilidade horaria, a día de hoxe non hai contestación por parte do órgano de representación.

 

Estamos nunha grave situación onde non temos relevo para os postos de nivel superior. Que accións ten previsto para solucionar este problema? E de cara ao futuro, que accións vai levar a cabo para tratar a remuda xeracional do PTXAS?

O ideal sería facer a remuda xeracional anticipada, para que poidan convivir os novos que empecen con xente experimentada un tempo. Temos algún plan neste sentido, que será negociado na mesa sindical ao igual que se fixo ao longo destes anos.

 

Como concibe a formación do PTXAS? E en particular a formación transversal en inglés e TICs?

Concordo que ata agora non se fixo a formación axeitada, e unha materia pendente, especialmente nas duas temáticas que comentades e moi necesaria si queremos programar unha universidade de futuro.

 

Que opina sobre o peche da universidade en verán? Pensa mantelo?

O peche en agosto é unha medida que se pode revisar. Hai áreas que manteñen actividade e estamos abertas a dialogalo na mesa sindical para buscar o equilibrio entre servizo e descanso.

 

Que plans ten para o desenvolvemento tecnolóxico da universidade? Que estrutura concibe para a ATIC?

E evidente que a estrutura de ATIC é feble, non pode depender todo dunhas poucas persoas e o número de efectivos é pequeno para unha universidade como a nosa con 4 campus, 25 centros docentes, 5 centros de investigación, 5 institutos universitarios e mais de 20.000 estudantes. As TIC son o soporte fundamental de todos os servizos universitarios e exisen unha planificación estratéxica e transversal, require un cambio de enfoque. Un plan de formación axeitada, e un plan de procesos, non só que aborden os problemas actuáis, senón que poidamos sementar para o futuro.

A pesar disto nos 36 anos de historia da Universidade de Vigo non se fixera ningunha proposta de estrutura na área TIC. Recentemente, a Xerencia presentoulle á Xunta de Persoal unha proposta de estrutura, cunha Dirección TIC, catro Subdireccións, oito Xefaturas de Sección e dúas Xefaturas de área. Si finalmente houbera un acordo nós imos respetalo, sen ningunha dúbida, pero o que tamén está claro é que hai que ampliar o número de efectivos.

 

Ten intención de continuar con SIGMA ou pode considerarse unha volta a Xescampus?

SIGMA é unha ferramenta expresamente deseñada para as universidades, moi utilizada noutras universidades do Estado, pero a súa implantación na UVigo non foi tan fluída como debería. Temos unha proposta para mellorar a xestión académica, que presentaremos no momento oportuno, orientada á usabilidade e ao soporte técnico continuo.

 

Que opina sobre a dotación do noso servizo de Prevención de Riscos? Vaise reforzar ou seguirá a tendencia de externalización de servizos actual?

A verdade é que necesitamos reforzo en moitos servizos: ATIC, ORI, OPI, OTC, etc. Calquera servizo co que falas considerase falto de persoal, por iso reitero a importancia da análise de procedementos para evitar tarefas rutineiras e ir as que verdadeiramente aportan valor. Iso non implica que non haxa que reforzar en moitos destes servizos, co que teremos que facer unha orde de prioridades para ir reforzando en función do número de prazas da OPE que teñamos. En moitas universidades a encarga de servizos e moi común a través das fundacións. Nós temos a FUVI, que leva desde hai tempo as prácticas extracurriculares e funciona moi ben, pero considero que determinados servizos deben ser parte sustancial da universidade.

 

A negociación da próxima OPE empezará pouco despois das eleccions. Como formula a introducción da promoción interna na mesma e que planificación ten a medio e longo prazo?

As Ofertas de Emprego Público serán negociadas e acordadas, igual que fixemos estes 8 anos, coa Xunta de Persoal. No apartado de promoción interna negociarase co órgano de representación unha planificación a 6 anos tendo en conta que afecta as seguintes áreas de negociación: a) Masa salarial, b) Relación de Postos de Traballo, c) Remuda persoal que se xubila no período 2026-2032, d) formación, e) carreira horizontal.

Concretamente negociaremos e acordaremos co órgano de representación un Acordo Marco que regule as relacións entre a Universidade de Vigo e os funcionarios de carreira e interinos que presten servizos na mesma. As normas contidas neste acordo serán de aplicación a todo o PTXAS. As liñas mestras concretaranse no programa electoral.

 

A razón que se deu para a paralización da carreira horizontal na UVigo foi dende sempre o seu custo, que non financia a Xunta. Que opina deste tema?

A carreira horizontal é prioritaria. O desenvolvemento dun sistema de carreira profesional para o PTXAS, require dun deseño que permita avaliar e recoñecer a progresión profesional no posto, adaptado ás singularidades dos grupos e categorías profesionais existentes. Agora que a funcionarización está prácticamente rematada, é o momento de avanzar.

Este proceso, que require dun tempo para a súa reflexión e negociación coa representación do persoal, non impide a posta en marcha dun sistema transitorio nos mesmos termos que outras administracións, como a Xunta de Galicia e a Universidade de Compostela.

Con esta finalidade, a Xerencia presentoulle á Xunta de Persoal unha proposta de Sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do PTXAS que se está negociando nestes momentos. Se hai acordo sindical, aplicarémolo coa máxima axilidade.

 

Como pensa incrementar a participación do PTXAS na gobernanza da universidade? Como van participar no seu anunciado proceso de automatización de procedementos?

A participación do PTXAS vai ser total, cunha análise do que fai cada servizo, cada posto e intentando que non haxa diferenzas entre campus. Sen a participación do PTXAS non tería éxito e non se podería facer, iso o teño claro.

 

Pode garantir que non se van realizar recortes nos actuais días concedidos por diversas causas? (Carnaval, semana santa...)?

Creo que unha vez que se conseguen certos dereitos é imposible voltar atrás. Nós imos respetar sempre os acordos que se negocien cos sindicatos como temos feito sempre, tanto no caso do PDI como do PTXAS. O que tamén é certo é que en comparación coas outras universidades do SUG tedes algún días máis de vacacións.

 

Levamos oito anos agardando unha nova RPT. Como ten previsto encamiñar o seu proceso de actualización que xa é apremiante? Cales serán os pasos a seguir e o cronograma? Cal será a participación do PTXAS?

A Xunta de Persoal e a Comisión Unitaria de Negociación do PTXAS (UGT, CIG e CCOO) solicitaron ao equipo de goberno non negociar a RPT ata rematar os procesos de Funcionarización e Estabilización do persoal funcionario interino e persoal contratado. Lamentablemente os procesos alongaronse moito no tempo e coincidiu coas eleccións sindicais.

O noso compromiso é negociar e acordar a RPT. É unha prioridade absoluta e a persoa que se vai encargar da xerencia o ten moi craro. O proceso é complexo e require consenso, análise de procedementos e participación real do PTXAS. O noso compromiso é iniciar unha reorganización profunda, con cronograma claro e participación total dos servizos. Lembro que temos que incluir a Inspección de Servizos, que por imposición da LOSU debe levar un PTXAS.

 

Ten previsto a normalización de todos os postos que agora se levan a cabo con contratos en precario ou incluso bolseiros pero que en realidade son estructurais?

Nesa nova RPT hai que incluir alguns deses postos que agora levan anos vencellados a convenios, como é o caso da OPI ou a UCC-i. Afortunadamente a OPI agora xa está contemplada na RPT, pero con moi pouco persoal estrutural e fixo, e ista é tamén unha das prioridades a potenciar.

 

En canto a cobertura de baixas e ausencias do PTXAS, como entende que se debe realizar? (Tempos, criterios de cobertura)

As baixas e ausencias deben cubrirse o mais axiña posible, pero tamén deberíamos analizar os motivos das mesmas, que posiblemente estarán na sobrecarga de traballo nalgúns servizos. Eses serán os primeiros lugares onde teremos que empezar o estudo.

 

Ten plans específicos relativos ao PTXAS para os campus de Ourense e Pontevedra?

O campus de Ourense medrou moitísimo nestes 8 anos na consecución de fondos en proxectos tanto nacionais como internacionais e na captación de persoal excelente. Proba delo e o bo posicionamento nos ranquins nalgúns ámbitos, así como a creación de novos institutos (IAA e IFCAE) e a consecución do campus de especialización Campus Auga. No Campus de Pontevedra tamén se creou o instituto de investigación CIDEGA e estamos preto de que o Campus CREA sexa unha realidade. Ademais o número de estudantes creceu mais nestes campus que no de Vigo. O crecemento destes campus é unha oportunidade que queremos consolidar cun reforzo progresivo de PTXAS na nova RPT, garantindo equilibrio real entre campus.

 

Que medidas ten pensado introducir respecto a conciliación?

O PTXAS é moi diverso nas súas funcións e servizos e polo tanto non todas as situacións van a ser semellantes e por iso proporemos algo personalizado con promoción de horarios flexibles, teletraballo adaptado e respecto polo dereito á desconexión, revisando horarios e ofrecendo alternativas personalizadas segundo departamentos e necesidades .

 

Que medidas tomarán en canto a infraestruturas? Consideran o deseño dun plan de choque de mantemento?

Si, temos un plan para mellora de infraestruturas, pero hai que ter en conta que a UVigo ten máis de 50 edificios, algún deles moi antiguos e todos precisan reformas, polo que haberá que ir abordandoas pouco a pouco.

 

De existir segunda volta nas eleccións e darse as circunstancias, uniríase a unha das outras dúas candidaturas?

Estou casi segura que vai a haber segunda volta, e que os votos vanse repartir moito. Ainda non coñezo os programas das outras candidaturas, pero a xuzgar polas intervencións do claustro do grupo Nós universidade, estamos moi distantes. No caso de Consenso, Porteiro foi membro do equipo durante 6 anos, non sei si vai reimaxinar algo que non reimaxinou durante ese tempo. O que si teño craro son as miñas liñas vermellas.

Por unha Universidade de Vigo na que o PTXAS sexamos peza clave.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.